O Concello de Nigrán acaba de recuperar o seu servizo de normalización lingüística, creado por primeira vez no 2016 para estender o uso do galego a todos os departamentos municipais, grazas a una subvención da Deputación. Para iso, contratou unha técnica que, ao longo dun ano, encargarase de asesorar sobre política lingüística e de propoñer programas de dinamización do uso do idioma. Nesa liña, o Concello adherirase á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, como aprobou a Corporación por unanimidade no último pleno.