Alumnos do instituto de Chapela organizaron o venres pasado unha feira titulada "Non é maxia... é ciencia" no que amosaron unha chea de experiencias sorprendentes que contan cunha explicación científica. Os rapaces recibiron a visita dos nenos dos centros CEIP Igrexa e CEIP Laredo, nunha actividade enmarcada na celebración do Día da Ciencia en Galego, que se completou con varias conferencias científicas no centro.