Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso, Manuel Francisco Lijó Pérez, Modesto Fernández Rodríguez, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González, Manuel Barbosa Durán e Generoso Valverde Iglesias. Son os nove asasinados na madrugada do 15 de outubro de 1936 en vinganza pola morte dun falanxista no asalto á casa dos "Ineses" de Sabarís, tamén axustizados xunto con dona Dolores Samuelle. Todos eles recibiron onte unha homenaxe do Instituto de Estudos Miñoráns no 82 aniversario da súa morte, coa participación dunhas trinta persoas. Os actos desenvolvéronse no cemiterio de Sabarís, na Volta dos Nove de Baredo -chamada así na súa honra- e no Xardín da Memoria de Panxón.