A aula de cultura Ponte de Rosas do IEM, en Gondomar, acolle hoxe ás 19.00 a inauguración da exposición GalizAmérica/Edición e lingua no exilio. a mostra presenta 13 paneis sobre o desenvolvemento da cultura galega fóra das fronteiras do país, desde o golpe de estado franquista ata a transición democrática. Poderá visitarse ata o día 21, de luns a venres de 18.00 a 21.00.O domingo 14 ás 19.00 proxectarase o documental "A cicatriz branca", de Margarita Ledo.