Case 40 nenos e nenas participaron onte nun obradoiro de pintura que a empresa láctea Clesa ofreceu no Multiúsos da Xunqueira, como unha actividade máis do campamento de verán de Redondela. A traverso dun contacontos, os rapaces coñeceron o proceso de produción do iogur da man de "Polo Correo do Vento", o colectivo encargado da actividade. Ademais, as crianzas levaron consigo cadanseu debuxo e bebible Clesa, segundo informou o Servizo de Normalización Lingüística.