O colexio Humberto Juanes de Nigrán arrancou onte a Semana das Letras Galegas cun encontro do alumnado co cómico David Amor no auditorio municipal. O presentador, modelo e ex xogador de balonmán defendeu o uso do galego perante os rapaces e respostou as súas preguntas.