26 de abril de 2017
26.04.2017
VAL MIÑOR

Casares lese con tapas en Gondomar

Unha libraría e un restaurante únense para honrar o autor os derradeiros xoves de cada mes no ano en que se lle adica o Día das Letras

26.04.2017 | 01:28
César González e Aida Costas, coa escultura da Galiña Azul. // J. Lores

Son dous negocios veciños e residentes no paseo Carlos Casares de Gondomar. O autor que lle da nome á senda peonil que os conecta no centro da vila tamén os une nunha homenaxe conxunta o ano en que a Real Academia Galega lle adica o Día das Letras. A libraría Libraida e a tapería A Galiña do Ardora organizan lecturas públicas gastronómicas na honra do escritor. Serán os derradeiros xoves de cada mes ás 20.00 horas. A primeira, mañá, arredor da novela "O sol do verán".

O programa inclúe polo de agora dez sesións -cada unha en relación cunha das obras do literato galego universal- divididas en dúas partes. Arrancarán na librería cun comentario de media hora respecto da peza literaria elexida e, de seguido, os participantes trasladaranse ao local hosteleiro, onde disfrutarán dunha lectura pública de columnas xornalísticas do escritor relacionadas coa comarca miñorana, onde viviu os seus últimos vinte anos, ao tempo que proban o petisco sorpresa deseñado para cada ocasión. Unha maridaxe perfecta dos praceres dos sentidos e da sensibilidade cultural que racha coa repetida cita de Castelao sobre as necesidades que non se senten no bandullo.

Aida Costas Camesella e César González Mosquera, os donos dos dous establecementos e impulsores da iniciativa, queren "divulgar a figura e a obra de Casares aproveitando o noso simbólico emprazamento", onde se atopa tamén a escultura da Galiña Azul de Alfonso Soliño na lembranza do texto infantil do autor co mesmo título.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine