Os 98 alumnos do CEIP da Cruz de Camos celebraron onte o Día Internacional da Lingua Materna coa plantación dun loureiro no recinto escolar como símbolo da ligazón do idioma á súa terra e ao seu crecemento. O goberno municipal sumouse ao acto para amosar o seu compromiso coa difusión do galego e das linguas maternas minoritarias, tal e como promove a Unesco coa conmemoración desta data.