19 de febrero de 2017
19.02.2017
VAL MIÑOR

A Real Academia Galega inicia o Ano Casares no colexio de Vilariño este martes

19.02.2017 | 02:22

O primeiro acto organizado pola Real Academia Galega con motivo do Ano Casares terá lugar este martes no colexio nigranés que leva o seu nome, o de Vilariño. O seu presidente, Xesús Alonso Montero, presentará alí a nova edición da "Primavera das Letras", proxecto co que fornecerá a comunidade escolar de recursos didácticos para achegar o público máis novo á figura e á obra do escritor ao que se lle adica este año o Día das Letras Galegas.

A vinculación do autor universal da literatura galega con Nigrán foi clave na elección deste centro escolar para por en marcha o programa de actos. Alí fixou o seu domicilio nos seus últimos anos de vida e alí está enterrado.

O Concello tamén prepara unha serie de actividades para conmemorar o Ano Casares, cuxo acto central oficial terá lugar en Xinzo de Limia, localidade onde naceu, o 17 de novembro. Xa en novembro, a RAG ofrecerá un simposio arredor do literato na Coruña.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia