03 de febrero de 2017
03.02.2017
VAL MIÑOR

Pedro Puy Fraga: "O PP pode remontar en Gondomar e en Nigrán sempre que traballe por estar unido"

O popular pecha hoxe o ciclo de faladoiros "Galicia 2017-2020" do IEM

03.02.2017 | 02:43
Pedro Puy Fraga. // Gustavo Santos

O aproveitamento dos potenciais propios no eido económico, cultural e social desde un autogoberno compatible coa pertenza solidaria a unha área nacional e europea. É a liña que segue o PP no goberno da Xunta para afrontar o futuro da comunidade, segundo afirma o seu voceiro no Parlamento galego, Pedro Puy Fraga. Hoxe explicará esta estratexia polo miúdo no derradeiro dos faladoiros "Galicia 2017-2020. Presente e futuros", organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns. Será ás 20.00 horas na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar.

-Que ideas tén o PPdeG para a comarca nese horizonte de tres anos que plantexa o IEM?

-O Val Miñor é un claro exemplo do potencial que se abre ao mundo, con dúas grandes áreas industriais que nos sitúan no ámbito internacional con proxectos coma o centro de innovación aeroespacial. No campo do turismo, o Camiño Portugués da Costa é unha entrada de oprtunidades e un referente cultural.

-O sector pesqueiro tamén forma parte dos potenciais miñoráns. As súas principais eivas son o conflito do percebe e na contaminación da Foz, pechada ao marisqueo desde hai unha década por mor da contaminación da depuradora de Gondomar.

-O conflito da Cofradía debe resolverse con diálogo. O que procede por parte da Xunta é aplicar a lei e intentar que haxa acordos. E en relación á contaminación da Foz, cómpre a cooperación entre institucións.

-Fracasou o diálogo entre a Xunta e o Concello para mellorar precisamente o saneamento de Gondomar e o asunto vai chegar aos tribunais. É partidario de xudicializar a xestión?

-É lamanteble que, en lugar de mellorar co diálogo un proxecto con financiamento europeo, o goberno municipal chegase a un bloqueo negativo para os veciños.

-A Área Metropolitana arranca con polémica. Cal é a súa postura?

-Unha vez aprobada a lei da Área por consenso, o ideal é que se cumpra e que se traballe para lograr os seus obxectivos de mellorar servizos. A polémica é estéril.

-Resolverá o problema do transporte de Gondomar?

-A Xunta está limitada polas concesións e a Área pode contribuir a solucionalo. En calquera caso, a entrada de Gondomar no transporte metropolitano é unha boa nova.

-O PP perdeu as municipais en Nigrán e en Gondomar, onde vive unha división interna, escenificada nos recentes congresos. Como vai remontar?

-É posible facelo sempre e cando as agrupacións traballen por estar unidas. Os congresos foron procesos democráticos nos que a militancia elexiu líderes. Moitas veces se critica que no PP non hai democracia interna e isto é un exemplo do contrario.

-No caso de Baiona, o partido goza de maioría absoluta. Moitas voces apuntan á perda de apoios pola marcha do exalcalde Jesús Vázquez Almuiña á Xunta. Que cre?

-Entendo que o boten de menos porque é unha persoa excelente e un excelente xestor, pero estou seguro de que Ángel Rodal vai demostrar que tamén o é e vai contar co apoio dos veciños.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia