A homenaxe a Vázquez Grela servirá tamén para que os veciños de Nigrán "testen" a favor do galego. O Concello súmase este ano ao Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia que promove a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

Ademais de descubrir a nova lápida do prezado mestre, os asistentes farán o propio cunha praca, tamén en galego, na entrada do camposanto, na memoria de todos os defuntos. Despois, un notario recollerá na capela as últimas vontades daqueles que desexen deixar constancia do desexo de que se escriba en galego todo o relacionado coa súa morte. Tanto as lápidas, como as esquelas ou as honras fúnebres.