O doutor en Historia da Arte, Carlos Valle, e sucesor de Filgueira na dirección do Museo de Pontevedra, ademais de membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego e do Centro Galego de Arte Contemporánea entre outros cargos, disertará hoxe Ponteareas sobre o homenaxeado co Día das Letras Galegas, baixo o título "Xosé Filgueira Valverde: unha valoración". Este acto terá lugar ás 20:30 horas, no Salón de Sesións da Casa do Concello ponteareá, achegándose a unha das figuras máis sobresalientes do seu tempo e a través do cal o Concello de Ponteareas quere render homenaxe a Xosé Filgueira Valverde.