01 de julio de 2010
01.07.2010
Redondela

Os premios Lois Peña Novo recoñecen o uso do galego nun acto en Soutomaior

O xurado premiou ao Concello de Burela, Ramón Lorenzo e Victorino Gutiérrez

01.07.2010 | 09:51
Os catro premiados, onte, no acto celebrado en Soutomaior. // C. Pereira

A decimosexta edición dos Premios Lois Peña Novo, que premian o uso do galego por parte de profesionais ou institucións, tivo onte na Pousada do Castelo de Soutomaior o seu acto central, coa asistencia de persoeiros do eido da cultura e da política galegas.
O Concello de Burela foi un dos galardoados "pola política de alfabetización levada a cabo coa comunidade africana asentada no seu territorio", salientou o xurado.
O catedrático emérito da Universidade de Santiago Ramón Lorenzo, de quen destacan no fallo "as súas achegas para a creación dunha linguaxe xurídica galega".
Tamén foron premiados o ex notario de Lalín, Victorino Gutiérrez, autor do primeiro formulario notarial redactado en lingua galega, e o Foro de Avogados Lugo S.C.P. pola uso continuado da lingua galega cos seus clientes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Finalizou o Concuro Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo traballaron para contar como ven eles as Illas Cíes

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores