27 de julio de 2008
27.07.2008
VAL MIÑOR

Un grupo de arqueólogos desenterra o pasado castrexo de Chandebrito

27.07.2008 | 02:00
Os arqueólogos escavan do no Castro de Chandebrito. / CARLOS PEREIRA

Trátase dun poboado con máis de 2.000 anos de antigüidade, que nunca foi estudado ata agora

Un castro de máis de 2.000 anos de antigüidade abandonado e sen estudar. Esta é unha situación que tratan de mudar estes días catorce arqueólogos, dirixidos por Lois Ladra, coa escavación do Castro de Chandebrito en Nigrán. Esta prospección, financiada pola comunidade de montes da parroquia e os fondos Proder, conta cun presuposto de 360.000 euros e forma parte das tarefas de revalorización patrimonial da riqueza cultural e etnográfica da zona que está a realizar a arqueóloga Rosa Villar desde hai dous anos.
"Este castro semella ser un dos mellor conservados do concello, cunha posición dominante sobre a Ría de Vigo", explica Lois Ladra. A escavación arqueolóxica consiste na realización de dúas pequenas sondaxes nas que de momento apareceron dúas contrucións feitas en pedra da Idade do Ferro. "O castro dispón de dúas terrazas con cadansúa muralla e tamén existen varios petroglifos no mesmo monte con gravados de coviñas, cruces e pías", sinala.
A escavación faise completamente de xeito manual con extremo rigor, debuxando e tomando fotografías de todo o que vai aparecendo e peneirando a terra. "Ata o momento atopamos moitos fragmentos de vasillas decoradas, tiles de pedra, fusaiolas, muíños de man, entre outras moitas achegas", asegura Ladra.
Os traballos iniciáronse a comezos de mes e continuarán nos primeiros días de agosto cos labores de consolidación e restauración das estruturas. "Con todo o que vaiamos descubrindo tentaremos facer unha publicación de carácter divulgativo, así como organizar exposicións para poder transmitilo a maior cantidade posible de persoas", informa o arqueólogo.
Visitas guiadas
Non obstante, non haberá que agardar a que rematen os traballos, pois xa se están a realizar visitas guiadas nas mañás de martes a sábado e continuarán ata o próximo fin de semana. Incluso, os máis cativos teñen realizado rutas de senderismo ata o castro e a pé de obra os arqueólogos explícanlles o seu labor. "Os visitantes recoñecen o valor do castro e disfrutan das fermosas vistas da ría", comenta Ladra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

Anima aos teus fillos a contar ou debuxar como ven eles as Illas Cíes. A técnica é libre e a imaxinación tamén: collage, acuarelas, ceras, pareados, rimas, estrofas,...

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia