25 de julio de 2008
25.07.2008
louriña

Raúl Francés, Alcalde de Porriño: "Se goberna a dereita, eu non serei o responsable: é o resultado electoral"

25.07.2008 | 02:00
O alcalde do Porriño, Raúl Francés. / D.P.

"A moción de censura non ten por qué chegar agora se non o fixo ó longo de 5 anos"

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, emprende con normalidade este período de 30 días de incertidume despois de que perdese a cuestión de confianza á que se someteu en vinculación cos orzamentos. A pesar de que, deste xeito, ábrese unha oportunidade ós partidos da oposición para conformaren unha alternativa de goberno que lle arrebate a Alcaldía, considera que a súa foi unha decisón "valente e responsable".
- Agardaba ese resultado na votación do pleno?
- Foi un resultado previsible, non nos sorprendeu. O que si nos sorprendeu foi que durante un mes non presentaran ningunha alternativa. En conxunto, no pleno o que se demostrou foi unha carencia de proxecto político. Calquera proxecto político necesita de orzamentos e se non che gustan os modificas ou fas uns novos pero non tomaron esa posición.
- O PP no pleno díxolle que se precipitara presentando a cuestión de confianza, porque poderían ter negociado o orzamento...
- Houbo tempo suficiente, un mes enteiro para recoller esas modificacións e se tivesen unha proposta enriba da mesa non convocariamos o pleno, non o fariamos se houbese unha proposta negociándose e estudiándose, pero non houbo nada diso. Non nos precipitamos porque o BNG estivo aberto a falar e dialogar pero sen propostas, non hai diálogo, o que houbo foi un monólogo do BNG.
- Como asume estes 30 días que quedan por diante?
- Exactamente igual que ata agora, hoxe [por onte] fun traballar igual que o día anterior. Vou cumprir igualmente coas miñas funcións, non penso modificar nin os tempos nin os proxectos.
- Pasou pola súa cabeza a dimisión?
-Non sei por qué ten que haber unha dimisión se do que se está falando e duns orzamentos, dende logo non entrou na miña cabeza, todo o contrario.
- E se agora teñen que deixar o goberno?
- Se temos que deixalo non ten máis historia. Entregariamos o concello mellor do que o recibimos, con nós cambiou para ben en moitas cousas. Amais non creo que teña por qué ser agora se puido chegar ó longo destes cinco anos e non o fixo.
- Aprobar o seu orzamento sería darlle unha arma perigosa ó BNG?
- Algún dos portavoces dixo que era un perigo darlle un orzamento ó BNG e iso di moito de nós porque se sen orzamentos se fixo todo o que se fixo, con orzamentos ó mellor o BNG é imparable. Non é temor a que o fagamos mal, senon a que o fagamos ben.
- O secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, dixo que o Partido Socialista non pactará co PP, entón só queda a alternativa do centro-dereita...
- Iso aclara o panorama. Por unha cuestión aritmética só sería posible unha alternativa co PP que foi a segunda forza máis votada.
- Se regresa o centro-dereita a Alcaldía, será vostede o responsable?
- Se a dereita goberna no Porriño é porque consegue eses 9 votos necesarios, eu non son o responsable, é un resultado electoral.
- Modesto Pose acúsao de rexeitar a creación dun goberno progresista...
- Se un goberno progresista é pactar con IdeP... eu creo que no pleno xa se viu que nos acusaron de antidemocráticos. Para eles pactar co BNG sería case como pactar co demo. Eu non entendo esa opción que propuña o PSOE de entrar con Gonzalo, eu creo que a posición de IdeP foi claramente para desgastar a Ciudadanos Por Porriño e non que quixera ningún proxecto co BNG. Creo que é un problema que teñen entre os grupos da dereita e nós non vamos entrar na batalla.
- É posible un tripartito de centro-dereita no Porriño?
- Nese goberno de 9 concelleiros todos serían necesarios. Ata agora, cando a dereita gobernou no Porriño, sempre tivo maiorías moi sobradas e agora suman o xusto e teñen que porse cada un dacordo. O PP sempre terá que estar no medio e reivindicar para sí a Alcaldía, pero por suposto eu non son o que ten que opinar.
- Os porriñeses están expectantes co que aconteza no concello, que supón isto para eles?
- A cidadanía estaba esperando algo así que puxera as cartas enriba da mesa, eu penso que recoñece que tiven valentía o facer este xesto que vai clarificar o panorama porque estabamos vivindo una situación de bloqueo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia