07 de junio de 2008
07.06.2008
redondela

ÁLVARO IRIARTE SANROMÁN, Profesor redondelán na Universidade do Minho: "É unha ferramenta para mellorar o léxico galego"

07.06.2008 | 02:00
Iriarte, coa súa obra. / de arcos

O seu diccionario bilingüe español-portugués revisa unha edición de hai medio século

Nado en Redondela e residente en Braga dende hai vinte anos, Álvaro Iriarte presentou onte na Casa da Torre o "Dicionário Espanhol-Português" que este profesor da Universidade do Minho acaba de sacar do prelo co apoio dun equipo de filólogos lusos. A Concellería de Normalización Lingüística organizou a conferencia.
- Como xurde a idea deste diccionario bilingüe?
- A editora Porto pediume revisar o que tiñan publicado hai 50 anos. O diagnóstico foi a necesidade dunha urxente revisión da obra, dende a mesma raíz do diccionario.
- Houbo que cambiar máis pola banda do castelán ou do portugués?
- Un dos problemas que detectamos na obra era a falta de palabras equivalentes na outra lingua; tamén palabras modernas que cambian de sentido. Por exemplo "efecto invernadero", en portugués dise "efeito estufa", aínda que exista a verba "invernadoiro". Tivemos moito traballo a desenvolver na combinatoria, istó é, as palabras españolas e portuguesas que se parecen na grafía, mais o sentido non.
- Á parte dos filólogos, a quen vai dirixida esta obra?
- Obviamente ao mercado español e portugués no senso máis amplo. Mais os galegos temos aquí unha boa ferramenta para codificar a nosa lingua, para achar o sentido de palabras nosas. O galego pode recoller moito do léxico portugués.
- Cal é a súa postura respecto á normativa galega?
- Eu son reintegracionista e penso que é importante chegar a algún consenso para mudar as cousas. Creo que por este camiño na próxima xeración morrerá o galego. Dígoo dende fora, pero son pesimista. Por iso sería bó aproximarnos a nivel léxico.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine