LOURIÑA
Un Porriño cheo de creatividade
Amparo Rodríguez / PORRIÑO
Fai apenas dúas semanas que a xuventude porriñesa se reunía na confluencia das rúas Fernández Areal e San Sebastián para celebra-la presentación da revista "Vendoseatibiza" e, así, conmemorar a tódolos que apostan pola creatividade e o maxín. Trátase dunha publicación que recolle reportaxes e entrevistas ó redor das novas tendencias do mundo da arte e da modernidade da vila, dando cabida a músicos, grafiteiros, bailarinas, cociñeiros, deseñadores, videocreadores ou publicistas, cun denominador común: o da súa orixe porriñesa.
"A revista presenta un grande atractivo visual e enténdese por si mesma coma unha obra de arte, polo que se lle deu unha grande importancia ó ámbito das fotografías, ilustracións e mesmo da publicidade, tentando tamén que o elemento publicitario se converta nunha serie de imaxes concatenadas cun marcado carácter artístico, onde o corpo humano aparece como espazo de escaparatismo", explica David Pérez "Cato".
A revista está patrocinada polo colectivo de bares e pubs do Porriño, Espacio Noite, que propiciaron que fose de balde e tamén contou coa colaboración do Concello. Durante a presentación varios grafiteiros do Porriño fixeron unha exhibición acompañados por un DJ de hip-hop, dando paso á música da charanga Anchoa e á actuación do dúo humorístico "Cada día peor". Tamén houbo videocreacións e videoproxeccións a cargo de Agar Fernández e Begoña Rodríguez, rematando coa actuación da videojockey Lisi González.
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo
- La Guardia Civil aborta una macropelea con más de medio centenar de menores en Cangas
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes