redondela
Pola memoria de Redondela
Iván Leis / REDONDELA
Recuperar e dinamiza-lo patrimonio cultural de Redondela é o obxectivo do Seminario de Estudios Redondeláns (SEREN), entidade creada hai 5 años por un grupo de persoas con inquedanzas pola historia e a etnografía do municipio. A principal tarefa do colectivo é editar un boletín anual con aportacións escritas polos seus socios. O venres foi presentado o número 2.
A publicación, de formato sinxelo e ilustrado con imaxes de época e actuais, consta de 172 páxinas e está á venda en varias librarías de Redondela.
Este boletín do SEREN foi dividido en oito partes. Na primeira, Ernesto Iglesias Almeida repasa os nomes e obras máis destacadas de escultores que traballador en Redondela e Vilavella nos séculos XVI-XVII.
No segundo capítulo, Avelino Bouzón achega documentos históricos sobre o levantamento do templo de San Martiño de Ventosela arredor de 1800.
Outro artículo firmado por José Martínez Crespo versa sobre a reunión que mantiveron as Xuntas do Reino de Galicia na vila redondelana en 1666, logo da morte de Felipe IV.
Tamén hai artigos de Xosé Manuel Sánchez ("Castrizán: a fortaleza vixiante do sur"), Juan Miguel González Fernández ("O santuario, romaría e confraría de Nosa Señora da Peneda"), José Antonio Orge ("Cruces, cruceiros e petos de ánimas en Redondela"), Carlos Antuña (que rende homenaxe ás lavandeiras da vila durante a Guerra Civil) e Dolores Míguez Montes (sobre as orixes e os costumes de Cedeira).
Para xoves e maiores
"É un libro que interesará tanto á xente nova, porque vai coñecer a orixe e significado de lugares e tradicións que seguen vixentes, e tamén aos maiores, porque verán escritas cousas que saben pola tradición oral", dixeron membros do SEREN.
O colectivo chama a tódalas persoas con coñecementos ou documentación histórica de Redondela a sumarse ao seu proxecto. "Hai xente preparada para aportar artigos rigorosos de investigación", afirman.
Asemade, solicitan apoio ás institucións para poder darlle continuidade ao Seminario.
Díaz Pardo lembra os seus lazos coa vila
Como invitado de honor á presentación do boletín do SEREN, o galeguista Isaac Díaz Pardo lembrou os seus vencellos con Redondela, da man de impulsores da vida cultural da vila como Carmen Ibáñez, Amado Ricón ou Ignacio Ramonet.
Falou das publicacións que editou encol do trovador Meendiño e da illa de San Simón, e congratulouse
do proxecto de instalar alí un Centro da Memoria da represión na Guerra Civil.
Tamén felicitou ao SEREN "por contribuir a transmitir a historia e a tradición de Galicia, que tantos anos foi oculta e prohibida".
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Vigo desvela las fechas de la Fiesta de la Reconquista 2025
- La «maravilla natural» que National Geographic recomienda visitar en 2025 está en Vigo: «Parece sacado de un cuento»
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública