PARTICIPANTES
Na parte de debuxo, ao concurso poderán presentarse nenos de Educación Infantil e Primaria, de forma individual. Asemade, na parte colectiva da realización do video, poderán presentarse, ademáis de Infantil e Primaria, tamén os nenos de E.S.O.
PRAZO DE ENTREGA
A admisión de orixinais, tanto individuais coma colectivos remata o mércores 7 de febreiro de 2024.
PRESENTACIÓN
Os orixinais dos traballos individuais enviaranse de xeito electrónico a través do correspondente formulario ou correo electrónico e poderán entregarse tamén na oficina de Faro de Vigo (Policarpo Sanz, 22), nas instalación de Chapela (Avda. Redondela, 9. Chapela – Redondela) ou nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago e Pontevedra, no seu quiosco habitual ou por correos a CONCURSO XEOPARQUE ILLAS CÍES, O PARAÍSO DE TODOS.
Apartado de Correos 91 – 36201 V igo.
Os orixinais dos traballos colectivos deberán presentarse mediante correo electrónico mediante wetransfer, drive ou similar á seguinte dirección: ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es.
FARO DE VIGO resérvase a propiedade dos traballos presentados e o dereito a publicalos integramente ou en parte. En ningún caso os orixinais serán devoltos. Os orixinais que se remitan telemáticamente deberán conservarse por se resultase premiado.
FALLO DO XURADO
O fallo do xurado celebrarase o xoves 1 de decembro. O xurado, que estará composto por cinco persoas representantes da educación, cultura e comunicación, realizará unha selección de traballos finalistas en cada un dos apartados e por franxas de idades segundo as seguintes categorías:
Concurso de debuxo: Grupo 1: 1º e 2º de primaria , Grupo 2: 3º e 4º de primaria, Grupo 3: 5º e 6º de primaria, Grupo 4: Educación infantil.
Concurso colectivo: Grupo 1: 1º e 2º de primaria, Grupo 2: 3º e 4º de primaria, Grupo 3: 5º e 6º de primaria, Grupo 4: Educación infantil, Grupo 5: 1º e 2º de ESO, Grupo 6: 3º e 4º de ESO.
Os 3 finalistas de cada categoría individual gañarán fabulosos premios por cortesía de Faro de Vigo, Concello de Vigo e FCC.
Os mellores traballos da categoría colectiva gañarán unha excursión ás Illas Cíes para 25 alumnos de xeito que poida asistir toda a clase.
Faro de Vigo publicará no xornal do xoves 8 de febreiro o listado dos gañadores. A entrega de premios terá lugar entre o luns 19 e o xoves 22 de febreiro.
Será obrigatoria a presenza dos gañadores para a recollida do premio. Na entrega de premios poderá proxectarse un resumo dos vídeos gañadores, así coma os debuxos.
TRABALLOS
O tema dos traballos será: Xeoparque Illas Cíes, o paraíso de todos e enfocarase na futura candidatura como xeoparque.
Haberá dúas categorías: a individual, que consiste nun concurso de debuxo, e a colectiva, que consistirá na elaboración dun video colectivo relacionado coas Cíes (que significa para os nenos, como as ven, como lles gustaría que fosen, un relato inventado, etc).
Os traballos individuais poderán ser presentados nas láminas que Faro de Vigo encartará ou ben descargando a lámina en pinchando en este enlace .
Nos traballos individuais que se envíen dixitalmente (ben a través do formulario que se envíen dixitalmente ou ben a través do mail ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es), deberá incluirse o nome, apelidos, data de nacemento e enderezo do neno que participe, o título do traballo, así como o nome e D.N.I. dos pais ou titores mostrando o consentimiento para a participación. No caso de que os traballos os remita o centro educativo, o nome que debe figurar é o do profesor responsable do traballo.
Nos traballos individuais que se entreguen físicamente, deben cubrirse os datos que aparecen na parte traseira da lámina.
Os traballos colectivos deberán ser enviados en formato de video, cunha duración máxima de 5 minutos a través do formulario habilitado na web formulario habilitado na web ou a través dun correo electrónico a ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es mediante wetransfer, drive ou similar.
Nos traballos colectivos deberán figurar: O centro escolar ou colectivo que participa, as idades dos participantes, número de participantes e unha persoa que figure como responsable do traballo con nome, apelidos e teléfono de contacto.
Estes datos non serán utilizados con ningún fin alleo ao concurso.
A participación no concurso autoriza expresamente a exhibición dos traballos en calquera dos medios de Faro de Vigo.
LÍMITES E AUTORIZACIÓNS
Queda prohibida a participación aos empregados e colaboradores de FARO DE VIGO S.A.U. e Celta de Artes Gráficas (formato impreso e dixital), así como cónxuxes, ascendentes ou descendentes, ata primeiro grado (inclusive), dos anteriores. O incumprimento de esta regra supoñerá a perda do premio obtido.