Cada vez falta menos para descubrir os nomes dos afortunados gañadores do certame “Cíes, o paraíso de todos”.

Este venres 25 remata o prazo para entregar as láminas de debuxo onde os participantes plasmaron a súa visión das illas más bonitas do atlántico; do mesmo xeito, tamén finaliza o tempo para presentar os vídeos en grupo (cun máximo de cinco minutos e estilo totalmente libre).

Así que, se xa tes preparadas as túas obras pero queres recordar onde e como entregalas, atende as seguintes líñas! Esta é a derradeira chamada a Cíes!

Facemos un repaso polas canles mediante as que podes enviar os teus traballos: por correo electrónico nun wetransfer, drive ou similar á seguinte dirección: ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es; no formulario da web; ou, no caso das láminas de debuxo, por correo ordinario a CONCURSO CÍES, O PARAISO DE TODOS. Apartado de Correos 91 – 36201 Vigo, e presencialmente nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago e Pontevedra, na redacción central de Chapela ou na oficina central de Policarpo Sanz 22, en Vigo.

A partir de aí, todo dependerá do fallo do xurado. Recordamos que en cada categoría individual haberá tres finalistas, e na colectiva un por cada tramo de idade, que FARO publicará no xornal do venres 2 de decembro.

A entrega de premios será tamén ese mesmo mes, e será imprescindible asistir para poder recibir o agasallo correspondente. Sorte!