Saúdos, artistas!

FARO encartou o pasado venres as láminas para a parte individual do Concurso ‘Cíes, O Paraíso de Todos’, que tamén están dispoñibles na web.

Agora, tedes ata o 25 de novembro para enviar a vosa visión particular destas Illas: que vos inspiran? Unha paisaxe de ensoño, un mar cheo de fauna segreda, tesouros soterrados entre areas brancas… Plasmade no papel todo o que poidades imaxinar!

E se preferides participar cos compañeiros de clase, recordade que tamén está aberto o prazo para enviar os vídeos grupais sobre as Cíes, cun máximo de cinco minutos e estilo totalmente libre.

Contades co mes de novembro para participar, antes de que peche o prazo para recibir as obras: ben por correo electrónico mediante wetransfer, drive ou similar á seguinte dirección: ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es; no formulario da web; ou, no caso das láminas de debuxo, por correo ordinario a CONCURSO CÍES, O PARAISO DE TODOS. Apartado de Correos 91 – 36201 Vigo, e presencialmente nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago e Pontevedra, na redacción central de Chapela ou na oficina central de Policarpo Sanz 22, en Vigo.

A partir de aí, todo dependerá do fallo do xurado. Recordamos que en cada categoría individual haberá tres finalistas, e na colectiva un por cada tramo de idade, que FARO publicará no xornal do venres 2 de decembro. A entrega de premios será tamén ese mesmo mes, e será imprescindible asistir para poder recibir o agasallo correspondente.

Sorte!