O galego de adopción do Celta, Fran Beltrán, someteuse neste Día das Letras Galegas a un exame de vocabulario no que o profesor foi o porteiro de Catoira Sergio Álvarez. O centrocampista madrileño, do que é ben coñecido o seu gusto polo noso idioma, xa que se atreveu a falalo en rolda de prensa e incluso manifestou en redes sociais o seu cariño pola lingua, enfróntase á unha proba de coñecemento despois de estar a estudar todo o ano.

De xeito retranqueiro, o gardarredes do Celta preguntoulle por varios termos para que este os traducira ao castelán: bolboreta, punteirolo, furolo, luscofusco, brétema, chuzos de punta, curruncho, ledicia, vagalume ou sapoconcho. Sergio deulle un aprobado 'raspado', mais lembroulle, en tono xocoso, que debe seguir estudando, xa que lle fará un novo exame. Cantas preguntas acertou o xogador do equipo celeste?