Leva en Vigo uns poucos meses, pero xa se pode afirmar que Fran Beltrán é un xogador especial. Dentro e fóra do campo. Sobre o verde, está mostrando unha madurez impropia dos seus 19 anos, amais dunha calidade máis que salientable. Na rúa e nas redes sociais tamén sorprende, neste caso polo seu interese polo galego. É un caso extraordinario, o dun xogador que pode manexarse perfectamente en castelán na cidade e que opta por intentalo en galego.
"En Galicia hai máis de cen formas para designar a choiva, pero todas elas escampan" #Afouteza e moito #Corazón @RCCelta
„ Fran Beltrán. (@franbeltran__) 8 de octubre de 2018
A seguir traballando??????? pic.twitter.com/utZqRlnTBV