O número de teorías sobre a orixe da Covid é abafante. Só superado polas biografías imaxinarias de Colón e o ouro de Moscova. A pseudo-cencia da pandemia inclúe moitas lendas de rúa. Bill Gates aparece vinculado dun xeito máxico á pandemia. Tamén un millonario grego do que non se sabe o seu interés polo ben viver do virus. Grecia da para moito rico e moito máis pobre. Normalmente estas tendencias identifican a elaboración da vacina da Covid19 e a súa administración, co principio da fin. A min encántanme as miñas vacinas. Se pasa un avión pola súa cidade seguramente estalles a botar algo para durmilos e hipnotizalos Seguro€

E se puideran relacionar ó bo de Fernando Simón con Soros e o quecemento climático, mellor que mellor. Outros ven na pandemia un relanzamento de " el dúo dinámico". Comparando as descargas de " resistiré" deste ano e os éxitos actuáis de balcón. Tamén foi moi beneficiada " la cumbia del coronavirus" . De El Capi. Todo un éxito da pandemia en América. Outros vinculan a orixe co incremento de erupcións no Krakatoa. Tamén co intento de diminuir o número de pensionistas e aumentar a natalidade no confinamento.

De certo ainda non hai conclusións definitivas. Nin sequera no mercado de Wuhán o teñen moi claro.