Non sei porque se me veu á cabeza esta palabra un pouco rara polo seu nome, pois naceu cos nosos ancestrais. Provén do latín stultitia, que se deriva de stultus, que significa necio.

Podemos dicir que é a bobada que por necidade ou ignorancia caracteriza a unha persoa. Son sinónimos tamén: estupidez, sandez, disparate, imbecilidade ou idiotez.

Hoxe en día esa palabra, a pesar da abundancia de situacións para empregala, é relativamente pouco usada. Pero utilízanse os seus sinónimos significando con demasiada frecuencia o noso comportamento. Como tal é unha palabra que se refire a aqueles que nos seus actos, palabras, accións ou omisións demostran falta de coñecemento, tacto ou discreción na relación con determinados asuntos e que debido a elo, compórtanse máis ben facendo gala da súa necidade, idiotez e falta de respecto.

Se comparamos aos seres humanos cos animais, vémonos xeralmente como "ganadores", porque somos a especie con máis intelixencia. A pesar de iso, a estulticia é un trazo que só forma parte del a condición humana.

A estulticia ou estupidez é unha idea ou comportamento que se opón ao bo xuízo ou sensatez. A estupidez non debe entenderse como falta de intelixencia, xa que hai persoas con unha gran capacidade intelectual que cometen moitas bobadas e persoas con escasa intelixencia que son prudentes e sensatas. De aí podemos concluír que en todas as capas sociais aparece, por desgracia, con demasiada frecuencia a ditosa estulticia.

Nos máis altos debates políticos

coas súas condutas, nas conversas das tabernas aparece ás veces a estupidez.

Polo que se ve, máis que nada a sensatez está na formación humana, na educación das nosas emocións. Así estariamos preparados para recoñecer os nosos erros, non querer ter sempre a razón (máis ben respectar a do outro), fundamentar as cousas que dicimos...; tamén hai que pensar que "a ignorancia é moi atrevida."

Ó meu parecer a estulticia radica en non querer aprender. Protexemos demasiado o noso ego, e chegamos ao orgullo. Non deberiamos esquecer nunca o dito do gran filósofo Sócrates: "só sei que non sei nada". A humildade, a mellor das virtudes.