Gostaronme as festas poren as restricións de aforos marcadas pola pandemia paraceume unha boa idea o de descentralizar as festas levandoas a os barrios prazas e parques da cidade encher de música alegría e todo tipo de espectáculos diversos recunchos da cidade dandolle vida e pondos en valor, en tempos escepcionais por medo aos contaxios, penso que foi unha experiencia positiva.

Todos e todas poidemos desfrutar de aquela maneira unhas festas nos tempos da pandemia, agas os feirantes que non poideron gañarse a vida cás atracións e postos típicos de todas as festas, dexesamos e agardamos que asiña podamos gozar da súa compaña.

O noso corazón é coma unha furna pequena no que imos gardando anacos da nosa historia, lembranzas vividas que durmen no fardel da memoria que de cando en vez despertamolas e así pasa nistas datas cando lembrámonos das festas da infancia. Velaí estaba a vella alameda chea de vida nistas datas ateigada de xente cas festas da Peregrina ca sombriza das árbores centenarias donde noutro tempo paseaban os persoeiros ilustres da cidade a cotio. Agroman na nosa memoria o recendo do aceite dos churros e patacas fritidas, as nubes de algodon, as amendoas garrapiñadas, as mazás de caramelo, a avenida a carón da alameda ateigada de postos de axouxeres e atracións, os carruseis dos cabaliños de cartón pedra, a tombola do Cubo, as casetas de tiro donde todas as escopetas tiñan a mira desviada e era moi difícil rachar a cinta do premio, os coches de choque donde escoitabamos as novidades musicais donde Dylan decíanos que os tempos estaban a mudar e os Door que as guerras nunca son xustas.

Logo na noitiña co escentilar das estrelas, as verbenas donde a figura era John Balan ca orquestra os Yanquis, na alameda a carón dos azulexos de Carlos Sobrino sempre pendentes dunha boa restauracion sentadiños na baranda nosas nais repartindo rosquillas que viñan enfiadas nun pau de bidueiro, agardabamos o espectáculo da entrada e saída dos Touros, a Batalla de Flores, a procesión de San Roque, en unha Volta Ciclista por eliminación. Lembro con agarimo un persoeiro entrañabel que a min asellabaseme ao Melquiades de Cen anos de Soedade de García Márquez, tódolos anos aparecía nas festas con un invento que aos cativos nos abraiava, un ano apereceu cun madeiro durísimo no que o premio consistía en clavar un cravo sen torcelo, outro ano puña no chán dous paquetes de tabaco e cunha bola había que tiralos os puña tan separados que era imposibel, outra vez apareceu ca moneca Amparito etc, pero o millor do persoeiro eran as historias que nos contaba porque unha vez que nos dou un premio o tabaco estaba tan mollado e pasado que oubo que tiralo.

Remataban as festas ca tirada dos fogos de lucería que mirabamos dende a Alameda como reflectian e caían na ría, aquel espazo si que era donde se vían as millores vistas da ría antes do aldraxe da ponte da autopista. Iste é unha pequena escolma das festas que xa soio permañecen na nosa memoria donde a estrela principal era un cowboy de Seixo que antes que esistixen os efectos especiais inventou unha orquestra sen instrumentos e tirada de fogos virtuais, autor de frases miticas La muerte es inoxidable, un hombre sin dinero es un bulto sospecho etc, nistas datas lembramos con nostalxia a John Balan.