Estou a ver estes días que, mentres segue morrendo xente e cada día máis, por desgraza moita xente segue compartindo nas redes sociais noticias, que ao meu xuízo nestes momentos pasan aínda segundo plano; tempo haberá (agardo), para falar de todo e de esixir explicacións, ao Goberno e á oposición, aos responsables de que permitisen, que pasasen moitas cousas, que quizais, poden contribuír a que este virus que agora mesmo esté propagándose dunha forma máis rápida e alarmante, e que poida causar máis dano do previsto.

Xa haberá tempo para falar dos escándalos do, Rei Emérito, de Sánchez que, de non durmir , pasou a ter pesadelos, do Sr. "Don" Pablo Iglesias, de Torra e Catalunya, de Pablo Casado, que segundo como teña o día, é de dereitas, ou de extrema dereita, e dunha infinidade de cousas que, nestes intres, pasan a un segundo plano, segue morrendo xente, centrémonos e colaboremos a parar está pandemia, polo ben de todos/as, quedemos na casa.