27 de febrero de 2020
27.02.2020
Faro de Vigo

E o alba nunca chegou

27.02.2020 | 01:27
E o alba nunca chegou

Dende Regodobargo, nun camiño como nun carreiro de formigas enchoupado de lama pola choiva caída, un fato de homes e mulleres achegámonos ata o río Oitavén cheo de poesía nunha homenaxe cando se cumpren vinte anos do pasamento do cantautor Suso Vaamonde, alí nunha laxa onde se espallaron as súas cinzas ao carón dun vello ameneiro dende unha pola no cumio por estas datas un vello cuco dedícalle o primeiro canto ao home que popularizou o trino que avísanos da chegada da primaveira.

Para toda unha xeración de galegos e galegas que loitaron pola liberdade, a democracia e a normalización do noso idioma, a banda sonora era a música da Nova Canción Galega cas cancións protesta de Suso Vaamomde e coñecimos nosos mellores poetas cando os musicaron e popularizaron contribuíndo a difundir e espallar o mellor da poesía na nosa lingua nun tempo co galego estaba marxinado.

Dende o primeiro grupo que fundou Marco Barolento, logo Voces Ceibes logo en solitario Suso Vaamonde foi o noso bardo que vencellou a literatura galega ao pobo xunto a outros moitos, Pucho Boedo, Andrés Dobarro, Juan Pardo, Amancio Prada e os grupos, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Luar na Lubre, etc que foron o xermolo do que veu despois o idioma e a cultura débenlle moito pois nun tempo moi difícil apostaron polo noso idioma arriscándose moitas veces a multas ou a ir presos ou exiliados como aconteceu con Suso por unha estrofa popular que el comezou e toda a xente que ateigaba a pontevedresa praza da Ferrería rematamos foi procesado e condenado sendo o primeiro exiliado da democracia.

Aló polos noventa en Mourente nun festival de solidaridade co Cuba donde por suposto Suso Vaamonde ía colaborar desinteresadamente como sempre o fixo naqueles anos de ferro e loita continua, contra os encoros que anegaban a nosa terra e daban luz a castela nas loitas obreiras, contra toda inxustiza social, na defensa das nosas carballeiras, contra as industrias que contaminan as nosas rías e ríos, contra as centrais nucleares que foi pola que sufriu o exilio de Venezuela etc, sempre se podía contar con Suso e súa guitarra. En Mourente Suso e mais eu falamos da nosa patria en común, a infancia cando compartimos xogos no campo da feira e comentabamos xa daquela da teima que teñen os políticos de cambiar os nomes que dende sempre tiveron unha denominación popular, a nosa praza da infancia agora quitáronlle o nome puxéronlle Barcelos a así segue iñorando que durante moito tempo dou moita riqueza ca feira de gando e produtos da horta unha das mais renomeadas da Galiza pero ao mellor a os políticos soáballe moi enxebre e cambiáronlle o seu nome popular.

Ai un poema adicado a Federico García Lorca que musicou Suso Vaamonde que xunto a outro de Bernardino Graña que el popularizou, Como ei vivir mañá sen a luz túa, para min son as dúas mellores cancións de amor que se fixeron no noso idioma. Noraboa pola homenaxe a Suso e por o seu nome a Casa da Cultura de Regodobargo. Sen tempo non era.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2019/2020

Calendario laboral 2019 en Galicia

Calendario Laboral 2020 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2019/2020 .