Era unha proposta dun prestixioso alcalde que alegaba que para todo traballo había que pasar uns filtros, unhas probas, xa que non todos valemos para todo, por que os nosos políticos non as pasan? ou é que todos valen?

Vén isto a conto ante a proposta a bombo e platillo do "MIR educativo" anunciado onte pola ministra Celaá que fai que de inmediato se me veña á cabeza un artigo que lin hai tempo, "patente de corso", no que di que lle gustaría ver opositando aos nosos políticos para poder desempeñar a súa profesión, xa que como ben salientaba "a actividade política que determina o presente e condiciona o futuro, pode caer en mans de calquera. Ás veces, quizais de individuos excepcionalmente preparados, pero tamén, e iso resulta menos excepcional, de calquera "analfabestia" incompetente, varón ou femia, incapaz de articular suxeito, verbo ou predicado, cuxo único mérito, ou aval, é compartir ideoloxía ou intereses -a miúdo unha e outros van intimamente relacionados- cun partido político concreto". Con todo o respecto para os fieis devotos de todos os partidos políticos, con certa desconfianza cara aos fanáticos, os estómagos agradecidos e os múltiples satélites humanos que sobreviven nas órbitas das siglas clásicas e das siglas emerxentes estarían os seus dirixentes preparados para pasar unha "proba do algodón definitiva" para desempeñar o seu cargo, eu dubido que desta última fornada onde atopamos bastantes políticos de pacotilla, feirantes, vendedores de fume, vividores por conta allea fosen capaces de dar un mínimo nunha proba que os avaliase.

Levamos uns anos escoitando que somos uns vagos, cando dedicamos a nosa vida á nosa profesión, e iso o din uns señores que non pisan os seus escanos ou se dedican a xogar ao "apalabrados" neles; anos escoitando que traballamos pouco, cando algúns destes señores se permiten o luxo de non aparecer durante meses polo seu posto de traballo e outros moitos o fan como unha parte máis do mobiliario de sesións; anos escoitando que non desempeñamos ben o noso traballo, cando os españois nas enquisas do CIS consideran a docencia como unha das profesión máis valorada globalmente. Como se atreven!

A diferenza da demagoxia dos nosos políticos pecho a miña carta-denuncia dicindo que sería moi inxusto non mencionar que temos políticos que falan ata sete idiomas, Licenciados en Dereito, en Económicas, en Químicas, profesores de universidade, de institutos... con ampla experiencia laboral, destacadas personalidades, artistas... pero deploro a eses carentes de valores que fan sen escrúpulos da política un medio de vida.