O 18 de xullo do 2016, en Santiago de Compostela, no Parlamento da Galiza, tivo lugar unha declaración institucional que se sustanciou no texto seguinte: "O Parlamento da Galiza, o se cumplir o 80 aniversario dos tráxicos acontecementos que provocaron a Guerra Civil e a posterior ditadura franquista, quere reiterar a súa condena o golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o réxime ditatorial consecuencia dese golpe de estado e a os crimes e represións exercidos sobre as persoas vencidas. Asemade, o Parlamento da Galiza reitera a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida na Guerra Civil e durante o franquismo, eliminar os símbolos, as denominacións e as referenzas franquistas das rúas e edificios públicos, así como a colaborar na identificación dos desaparecidos e soterrados nas foxas comúns durante a ditadura franquista".

A Asociación Cultural Lazoiro, como continuación da exposición de homenaxe ás vítimas da represión do golpe de estado, celebrada nas coñecidas como "Minas", o 21, 22 e 23 de outubro do 2016, pretendía desta volta perpetuar e homenaxear a TÓDALAS vítimas do golpe de estado do 36 co establecemento dun monumento, monolito e placa, nun lugar público da Vila. O texto diría, "LUGAR DA MEMORIA, o pobo de Salvaterra de Miño en recoñecemento ás vítimas do golpe de estado de 1936," máis a data.

Pois ben, despois de múltiples contactos, conversas e documentos o longo de casi un ano co goberno municipal, pasado e actual de Salvaterra, goberno sustentado polo Partido Popular e que é quen ten que autorizar a colocación do monolito, non hai maneira de que se leve a cabo dito acto porque se negan en redondo a que a placa leve a frase "golpe de estado", solo queren falar das vítimas da Guerra Civil, é dicir, deixar fora dun plumazo as vítimas da represión.

O que vale, e ten que ser, no Parlamento da Galiza, non vale no Concello de Salvaterra.

Que alguén llelo explique, por favor.