Leo nun xornal en Ourense que por mor da estrea de nosa biblioteca pública, seica moderna, cómoda, folgada e moi agarimosa, ándase na percura de doar un nome á mesma. Por o que pregan ás xentes ourensáns aporten nomes ou ideas axeitadas a tal fin.

Pois ben, con humildade, eu arríscome (denantes que algunha mediocridade política se adiante con algún outro esbardallo, pois de esto xa dabondo aturamos), recunco, arríscome a suxerir dous nomes, pois coido que calquera de eles son axeitados a tal finalidade.

O primeiro, con toda equidade, podería ser o de "Biblioteca Pública Marcelo Macías" ou o segundo, tamén de toda xustiza, "B. P. Xeración Nós" ou simplemente "B. P. Nós"; seus integrantes ben o merecen.

Como ourensán que son, vexo de obrigado cumprimento achegar meu miudo grau de area sabendo que Ourense ten persoaxes con máis peso e sabedoría que sen dúbida atinarán co máis axeitado e merecente nome.