Despois de mergullar algo pola nosa Galipedia e mais outras fontes escritas, quero falar da importancia que teñen os refráns, e este en particular.

O refraneiro é un coxunto de ditos, máximas, ou escritos breves recollidos da sabiduría popular. Ten un frecuente uso na nosa ligua xa que son moi útiles e significativos á hora da expresión tanto oral como escrita. Ten un contido ás veces metáforico, pero descúbrenos a filosofía da vida no devir dos pobos. Xa dicía Cervantes no Quijote: "Los refranes son sentencias breves, sacadas de la experiencia y de la especulación de nuestros antiguos sabios".

A procedencia da expresión deste refrán e fácil, e debemos buscala nos nenos pequenos que aínda non falan. Ó chorar comunícanse para indicar cos seus diferentes tons o que nese momento sinten: fame, molestia, dor...Polo que se non chorasen non recibirían a atención necesaria.

Este refrán está espallado polos idiomas de diferentes países, por exemplo o italiano "Chi non piange, non poppa", portugués "Quem nao chora, nao mama", catalán " Qui no plora, no mama". Pero hoxe toca falor do noso: "O que non chora, non mama".

A nosa idiosincrasia é moi propicia para utilización deste refrán. Chorar leva consigo unha queixa, e na nosa terra ata se queixan os pinos... Pero o significado desta expresión máis que nada é pedir. O problema é que nós choramos e quedámonos nas bágoas. A famosa morriña: "Estar tristes, pero contentos", algo que só podemos entender os galegos. Non sei como lle demos esta palabra ó castelán, porque nunca van saber o seu verdadeiro significado. Todo elo quere dicir que non sabemos chorar, porque non sabemos pedir.

A nosa terra, marabillosa coma ningunha, sempre foi abandonada e segue a estar bastante aínda. Lembremos ós nosos famosos poetas Rosalía, Curros...,que ben sabían chorar! Estaban sensibles ás nosas necesidades e sabían pedir para que non estiveramos a sufrir sempre.