Niste 2020 entrante cúmprense cincuenta anos do soterramento do tramo urbán do río dos Gafos, un tramo fermosísimo do río onde trascorreu a infancia de moitos pontevedreses da miña xeración.

Foi en plena ditadura onde os gobernantes daquela época escura do medo e falta de libertades, dos de ordeno e mando que pensaban ca natureza e os ríos pertencíanlle, fixeron un paseo polo barrio de Campolongo e como a opinión dos veciños e veciñas que querían o río como estivera sempre non lles importaban fixérono enriba do río pese a oposición de moitos. Nadie estaba en contra de que se fixera o paseo pero tapar un río para facelo antes e agora é unha aberración e un delito contra a natureza.

E ai segue a aldraxe en plena democracia no rexurdemento do ecoloxismo e o amor pola natureza con cumios polo clima non se entende que aínda non destaparan un tramo dun rio que podería ser un pulmón de osixeno un paraíso e unha aula da natureza nunha contorna escolarizada donde os estudantes tiveran contacto dereito dun río con vida non como agora morto sen luz que e como ter unha cloaca cando ter un río pasar a noso carón debería ser un orgullo e un privilexio para calquera cidade.

Que tristura decirlle os cativos que debaixo dese cadaleito de formigón pasa un río que noutro tempo deu moita riqueza aos veciños donde moitas avoas ían lavar nos lavadoiros da contorna e nos muíños foi donde aprenderon as historias e cantigas que agora lles contan. Que foi das troitas e escalos que vivían nas augas do río das bolboretas, xoaniñas da sorte, donicelas, cabaliños do demo, abelaiñas, escornabois, e rans que os acopañaron a eles ea moitos de nós nos tempos dourados da infancia.

Murcharon os lirios e narcisos que agromaban nas orellas cando taparon o río e quedaron sen luz e o fiuncho loureiro e mentrasto e todo tipo de flores ventureiras que enchían o ar de recendo ao perfume da primavera, que foi dos paxariños que facían os niños nas ponlas das árbores que se espelleaban no río, paporrubios, xílgaros e pardais quedaron sen fogar contan as veciñas que durante un tempo voaban desorientados buscando os niños cas crías.

Un río e un agasallo da natureza que xa estaba ai moito antes que nós, que non é propiedade de ningún goberno de turno que esta de paso como todos nós é unha herdanza que nos deixaron nosos devanceiros e que temos a obriga de deixalo tal como o atopamos para que as xeracións vindeiras poidan desfrutar dun río cheo de vida no seu paseniño trascorrer pola cidade tal como fixemos nós e moitas xeracións anteriores. Cincuenta anos encerrado nun cadaleito de formigón sen luz nin vida xa é castigo dabondo para un río que o delito cometido foi dar riqueza e alegrías a os veciños da contorna.