11 de diciembre de 2019
11.12.2019

Recuperación da inversión das luces do Nadal, ¿igual para todos?

11.12.2019 | 01:44

Leo no Faro de Vigo do mércores a seguinte afirmación da presidenta da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros do Casco Vello, Itos Domínguez: "La inversión que el Concello ha hecho con las luces se ha recuperado ya de sobra".

Marabilloso para eles, alégrome que todos eses comerciantes consigan sacarlle partido ás luces do Nadal. Pero, ¿que pasa cos comerciantes do resto da cidade? ¿Que opinan sobre a concentración de todo o espectáculo lumínico, precisamente no centro? ¿Dirían o mesmo se a noria xigante, se o mercadiño do Nadal, e demáis espectáculos estiveran noutra zona do concello de Vigo, digamos por exemplo en Zamáns? É de imaxinar que porían o berro no ceo por gastar tantos cartos lonxe de eles, e dos seus comercios.

Supoño que haberá enquisas que permita sabe-la opinión do resto de negocios da cidade, non unicamente do centro. E supoño ademáis que os resultados non serán demasiado bós, por iso esas enquisas nunca saen á luz, para non dar unha imaxe negativa sobre a incrible iluminación.

Mentras uns poucos conseguen rentabiliza-lo Nadal (e que aproveiten, xa que poden que aproveiten a sacar todolos cartos posibles), o resto dos negocios da cidade intentaremos sobrevivir como podamos, sabendo que nós nunca recuperaremo-la inversión que fai o Concello coas luces.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2019/2020

Calendario laboral 2019 en Galicia

Calendario Laboral 2020 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2019/2020 .