O pesadelo dos republicanos españois e o dos galegos en particular que dende febreiro de 1939 encheron os campos de acollida franceses, tras a saída de España fuxindo da represión dos fascistas e vencedores da Guerra de España, que non se conformaron con gañar, tiñan tamén que exterminar, comezou en lugares con nomes vergoñentos para a nación francesa como Argeés, Saint-Cyprien e outros tantos, de ingrato recordo pos refuxiados republicanos. Aínda e todo, o verdadeiro inferno estaba por chegar para tantos galegos e españois en agosto de 1940, momento no que Francia é ocupada polos alemáns, iniciándose as deportacións masivas aos campos da morte e exterminio do III Reich.

A falta de coñecemento do holocausto español e debido a que os mesmos verdugos que deron o golpe de estado en 1936 encargáronse de reescribir a historia deste país o seu antoxo ocultando a verdade. Pero tras corenta anos da morte do ditador, os diferentes gobernos democráticos son cómplices de ignorar esta parte da nosa historia posto que en 1978 fixeron un xuramento de silencio e olvido que acabaron por equiparar os verdugos e as vítimas.

Todos parecen esquecer que case douscentos galegos, douscentos inocentes, entre eles catro veciños do concello de Redondela: José María González Vázquez, Alejandro Lafuente Pose, Olimpio Míguez Pazos e Antonio Piñeiro Otero, foron por partida dupla, os grandes derrotados. Porque primeiro, perderon a loita contra os golpistas que coas armas na man, asaltaron o poder lexítimo establecido nas urnas, estes verdugos iniciaron una cruenta guerra de tres anos e cercearon as liberdades asolagando e esnaquizando o país para convertelo non vasto camposanto de miseria e medo. Eses galegos por outra banda, perderon a dignidade como seres humanos cando foron deportados, co coñecemento das autoridades franquistas encabezadas por Francisco Franco e Serrano Suñer, coa axuda do seu amigo Adolf Hitler, que lles fixo o traballo sucio enviando os republicanos aos campos de exterminio en Europa, porque eles estaban moi ocupados en España fusilando, enchendo as cunetas de mortos e convertendo España nunha inmensa prisión.

Hoxe, sen recoñecemento público, nin institucional, sen una praza que os lembre, sen conxuntos escultóricos conmemorativos que recollan os seus nomes e apelidos, os galegos asasinados e os que sobreviviron, son os esquecidos entre os esquecidos. España leva un considerable retraso histórico en relación co resto de Europa, xa que non se cumplen as esixencias mínimas de restitución e dignificación, una diferenza enorme co resto dos países europeos que no seu día apoiaron o fascismo, pero que logo ca chegada da democracia superon pedir perdón. Dos case douscentos galegos detidos e enviados como animais aos campos de concentración coñecemos os seus nomes, as súas orixes, se morreron ou non, pero ¿ para cando una lembranza permanente que dignifique a súa memoria ? Por agora vaia este homenaxe, para todos eles.