Bos días, o día 9-10-19 dispúñame a pedir unha cita no médico de cabeceira en Salceda de Caselas. Como agora as novas tecnoloxías permiten pedir a cita a través de internet, póñome ó tema. Pero como esperaba, porque sempre pasa o mesmo, sáeme unha ventana que dí que non hai citas dispoñibles, por tanto que me poña en contacto co meu centro de saúde. Como bo ciudadano, apúntome o "bo trato" e chamo por teléfono. Cólleme a secretaria de turno, que non ten a culpa da situación, e poño como única condición que me dé unha cita para dúas semanas despois (do 21-10 ó 25-10) a primeira hora da mañá. Cal é a miña sorpresa, que a primeira cita dispoñible é para o día 25-10 as 12 horas. Estou pedindo unha cita para o médico de cabeceira, señores, non para operarme. Dicen que a sanidade vai ben, que as listas de espera disminúen... Queren que vaiamos á sanidade privada, porque ese é o negocio, pero que me devolvan o que me quitan da nómina para a sanidade por favor. Os que poidan pagar a privada, non teñen problema, e os demais que vaian morrendo.