No teatro García Barbón teñen actuado as mellores compañías. Tremendo o escenario con Chévere, Talía Teatro, Teatro do Atlántico, Sarabela Teatro, Teatro de Ningures, Teatro do Noroeste, Centro Dramático, Cándido Pazó, Carlos Blanco, Cadaval e Morris. Por arte dun truco de maxia, todo ese espectáculo deixou de bulir no mellor auditorio nesta banda da península. Os mesmos polvos máxicos foron aplicados para outras artes. Algunha espectadora afirma ter visto esa cultura escénica, divagando no Samaín vestida de noiva cadáver. Os grupos de hoxe agardan a chamada do teatro García Barbón.

Baobab Teatro, Cultura activa, eme2 teatro, Pisando ovos, Pistacatro, Chévere, Talía, Isabel Risco, Carlos Blanco e Cándido Pazó. Nova Galega de Danza tamén espera romper o engado que durme o magnífico escenario. Señoras e señores, benvidos ó espéctaculo...