Non é ningunha novidade que nunha sentencia se fagan comentarios, recomendacións, propostas, para que a situación ou conflito, que afecta a persoas, gremios, corporacións, entidades, Administracións Públicas, sociedades, etc.; que foi causa do delito xulgado; se poida evitar nun futuro. Tanto o conflito como a comisión de delitos. Os comentarios, recomendacións, propostas..., poden dirixirse o Poder Lexislativo, Executivo, Xefatura do Estado, sociedade catalá, española, Administracións catalá, española e pode ter a forma de proposta dunha reforma política, ou a recomendación de que fose elaborada, ou calquera outra. Os comentarios poden referirse o pouco adecuado de levar o conflito político o ámbito da xustiza, xa que o conflito non ten solución nunha sentencia.

Estes tratamentos e matizacións da sentencia, poden dar acubillo a xeitos de encetar novas relacións da sociedade catalá, española e as súas Administracións, evitando a repetición de delitos e que haxa enfrontamentos de calquera tipo.

Unha xustiza social, eficaz e democrática, debe adiantarse a posíbeis conflitos que poida orixinar e facer o que sexa de xustiza, para que eses conflitos non se dean e sexan orixe de delitos. A xustiza non remata aplicando a lei, cómpre facer xustiza para todos os sectores sociais, evitando xerar enfrontamentos entre eles, o que obriga a pescudar todas as posibilidades contidas nas leis, facendo propostas axeitadas.