"Illas da Memoria". Aconteceu no ano 2006. A Xunta de Galicia declarou ás Illas con ese título. As Asociacións Memorialistas viñamos pedindo ese recoñecemento polo acontecido nese lugar entre os anos 1936 e 1943.

Por moito que o negacionismo político queira borrar dese espazo o que foi durante os anos máis horribles da ditadura franquista, a documentación recollida -oral, gráfica e escrita-, son testemuñas que non poden destruir e serven de acusación, non só aos que fixeron tantos crimes e causaron tanta dor.

Os libros "Aillados" -cun documental-, de Antón Caeiro e, "Episodios de Terror" durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A Illa de San Simón, de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, coas bases de datos dos preto de 6.000 que pasaron por alí, e os preto de 2.000 que morreron alí: paseados, fusilados despois de xuizos sumarios e mortos de fame, enfermedades, miseria e anguria dan fe do alí acontecido.

Xente de toda España seguen buscando onde poden repousar os restos dos seus devanceiros. Este ano viñeron a San Simón dúas bisnetas, Mª Pilar e Mercedes LópezVera, e dous tataranetos de Francisco Merino Valenzuela; finado aos 65 anos o 14 de xaneiro do 1941. Esta familia, como tantas outras, por fin chegaron a saber onde morrera e o lugar do soterramento: osario do cemiterio de Lavadores.

Nas Illas seguiron ao guía da "Iniciativa Galega da Memoria", sentíronse moi emocionadas ó sentir que pisaban o chan que pisara o bisavó Francisco. Máis tarde no cemiterio constataron o abandono daquela xente que nunca entendeu o motivo polo que os torturaban daquela maneira.

Francisco cometera un gran delito: era socialista, alcalde de Pegalajar-Jaén.

Voltaron a Sevilla, cidade na que residen, e non dan creto do desprezo que as Institucións fan das vitimas do franquismo.

-¿Es posible que no estén los alcaldes?

-Non, nin representación oficial de Concellos, nin de Deputacións, nin da Xunta de Galicia.Uns e outros son do PP e do PSOE.

Nunha carta ao director, neste mesmo xornal, Mª Pilar laiase pola noticia que escoita na radio€ "Y el domingo pasado escuchó en la radio que en ese lugar de memoria dolorosa para tantas familias, se iba a celebrar un festival de música. Realmente me impactó y me dolió la noticia. Impensable que una actividad así se celebre en Mauthausen o Auschwitz. Por respeto".

Eis unha máis das familias que as Asociacións Memorialistas axudan a ese dramático reencontro. É triste, moi triste o abandono dos poderes deste país e da sociedade que o permite. Nin siquera respetan a Constitución.