Ultimamente estoume interesando polos argumentos dos veciños de Elduayen para pedir unha peonización sen túnel da porta do Sol. Sen o tráfico, o espazo que se vai crear vai quedar moi ben, e vai ser outra plaza emblemática para os vigueses e viguesas. Porén, o sacrificado vai ser o Paseo de Alfonso. Ao ter un túnel, a vía de paso polo centro vai estar moito máis utilizada, xa que aforra tres ou catro semáforos. O miradoiro do Olivo, que debería ser o emblema de Vigo, que namora a todos os visitantes, onde levamos sempre a algún amigo de fora para que o vexa, vai estar estropeado por continuo fluxo de vehículos.

É unha mágoa que, puidendo ganar dous espazos peonais para os cidadans, e para Vigo (Paseo Alfonso e Porta do Sol), so gañemos un, e condenemos o outro. Realmente, si se analiza dende este punto de vista, o proxecto do túnel e conservador e nada ambicioso. E non vai na liña que van o resto de cidades europeas que queren volcarse aos cidadans e non aos coches.

O tráfico?Pois hai que reducilo, non soterralo. A transición a peonización pode ser gradual. Pódense buscar alternativas, parkings disuasorios, replanificar as liñas de bus, ou aproveitar o proxecto do Vigo Vertical (que é un avance grandioso) para que a xente chegue o centro dende arriba ou dende abaixo. Quen sabe, e recuperar un tranvía de Traviesas a Colón? Mal que nos pese, o futuro vai por ahí. E as cidades son moito máis agradables sen os coches.

Pero non, todo apunta a que Vigo vai perder outra ocasión de ser realmente fermosa. Os exemplos son incontables: O Berbés, cos seus soportales, debería ser a postal que todo visitante se levase, convertímola nunha praza fría de pedra, sen encanto, e cun túnel que remata demasiado pronto, que a enche de ruido de coches. Con Toralla perdimos unha estampa de illa tropical. Co Centro Comercial A Laxe perdimos o maravilloso miradoiro da Pedra. Coa propia Elduayen dividimos o Casco Vello en dous, e comezou o seu deterioro (cousa que imos recuperar en parte coa peonización da porta do Sol). Co edificio do Concello perdimos a maior parte do Castelo de San Sebastián, que podería regalar un solpor maravilloso en cada garita. Co barrio do Cura imos perder un recuncho excepcional, que de restaurarse sería delicioso, arbolado e laberíntico. O tranvía... E un largo etcétera.

Sería unha mágoa que esta corporación, que conseguíu crear un sentimento de cidade e un amor propio que non se vira antes, e que recuperou e está recuperando outros enclaves, engada o Paseo de Alfonso a esta lista de oportunidades perdidas. Quizáis estemos a tempo de recapacitar, e facer un Vigo realmente fermoso.