O vello Hilton afirmaba que o éxito dun hotel residía na súa localización. Aplicable ó establecemento situado na Laxe de Vigo. Imaxínate que o Hotel Bahía é unha xoia arquitectónica de Vigo Vello.

Paseantes e turistas admiran a súa fachada cando parten cara ás Cíes. Cada noite de verán proxectan xogos de luces sobre o edificio, mentres soan Carlos Núñez e Rosa Cedrón. O hotel resulta ser o mellor embaixador da zona vella. Imaxínate agora outro escenario. Unha edificación de dudosa arquitectura en pleno corazón de Vigo. Unha fachada que non ten estima polo Vigo Vello. Semella irreal que un hotel degrade a localización que o acolle. É incoherente. Como asfaltar unha praia paradisíaca para aparcar mellor. Conste que os responsables actuáis non teñen nada que ver con esta situación. E goza das mellores vistas. Sempre recomendable. A arquitectura non ten nada que ver ca súa excelente actividade. Non é de hoxe. Resulta un problema herdado co que se topan todos os seus traballadores.

Con moi bo tino, o Bahía de Vigo xa ten proxecto para embellecer e dinamizar o edificio. Ogallá lle axuden as administracións. Así o Bahía poderá celebrar os seus 50 anos como se merece.

Todos os peques dunha época relacionamos aquel hotel novo e blanquiazul con Vigo. O gusto dunha época desarrollista. É hora de integralo no Vigo Vello.