"Unha cidade non se mide pola súa lonxitude e anchura, senón pola amplitude da súa visión e pola altura dos teus sonos" (Herb Caen, xornalista norteamericano, 1916-1997, Premio Pulitzer no ano 1996 ).

Vivo nunha cidade valeira de xente con soños, prexudicada ao forxado esquecemento na xeografía urbana galega. Fai tempo que torquéi as andainas polos camiños, corredoiras, e aldeas orfas de veciños, polo ir e vir sobre as beirarrúas enlousadas desta cidade. E comezo a sentir que as pernas fraquean, coma, tamén o espíritu. En cada recuncho, sempre me atopo coa mesma fisonomía urbana, ano tras ano. Sinto que a cidade está deixada da man de Deus.

Fai unhas datas estiven na Coruña. É unha cidade que dende a miña lonxana estancia en Compostela na longa noite de pedra, fuxo cara aló, para osixenarme co ar do Atlántico, e onde é ben certo que ninguén é forasteiro. Voltéi abraiado. Os que a gobernan teñen altura de soños. Unha cidade, coma xa son Pontevedra e Vigo, feita para e pola xente. Amplos espazos onde poden xogar os nenos, pasear sen xogarse a vida nun paso de cebra, soterrando vías onde se aglomere o tráfico de automóbiles, construindo aparellos elevadores ou escadas mecánicas para xente maior ou cunha discapacidade física. Acadar a Cidade Vella dende a proximidade da Praza de María Pita ou o Mercado de San Agustín, ao Barrio da Falperra dende a Rúa Juan Florez. Unha anchura e lonxitude da Dársena pra vista e gozo dos peóns. Rúas e prazas limpas, onde funcionan os contedores soterrados no centro e exteriores nos barrios. Unha renovada flota de autobuses, moderna, cunha tecnoloxía que reduce as emisións de CO2. Resumindo, A Coruña ten un goberno municipal que fai o que ten que facer, gobernar para a cidadanía. Humanizar a cidade, e non urbanizar a cidadanía.

Gobernar, Jesusito de Ourense, é tarefa do seu equipo, e non achacarlle a súa desfeita á oposición. Certamente que goberna en minoría, máis, non lle esixa pactos aos demáis cando vostede o que oferta son contratos de adhesión. E, ¿qué fai a oposición? Pois, coma a Porta de Alcalá, vendo pasar o tempo. Moito ruído mediático, as veces, e poucas noces. Coa súa pasividade, danlle un voto de confianza ao alcalde, sen que íste se moleste en pedilo. Se non houbera confianza, tería que haber xurdido unha moción de censura. Eles, polo que se ve, pensan noutra meta, bolboreta. Non vaia ser que se acheguen a un lume que os poida queimar. A piques de concluir o seu mandato, deixa uns presupostos prorrogados de fai catro anos, unha cidade sen PXOM, unhas concesións públicas sen renovar, e uns proxectos aprobados polo pleno sen executar (a premisa "pacta sund servanda", rixe dende o Ius Romanum). Ourense envellece, enferma, e sen sequera cos coidados paliativos necesarios.

Arrepíame que vostede poida ser reelixido. Non lle viría mal un bó baño, non nas termas de Outariz ou na do Muiño da Veiga, se non na ducha da humildade. ¿Temos o que merecemos?