Levo tempo escoitando ós líderes que queren gobernar este país e penso que deberían pasar outra vez pola universidade, reciclarse. Dame pena escoitalos no Congreso, nas plazas, nos lugares públicos. So queren a nosa papeleta.Só mentiras e máis mentiras. Parécelles que subir as pensións, facer residencias para vellos ou poñer un soldo básico arruinarían as arcas públicas.

Quen está arruinando as arcas son eles. Cada vez aparecen máis maiores que morren sos nas súas casas. Cortanlles a corriente a xente que cobra o mínimo. Que traballou toda a vida e nunca roubou nada e agora ten que repartir con fillos e netos. Mentras, no Palacio Real, centos de bombillas acesas.

Fóra os aforados e fóra a monarquía, o que queira comer que traballe. Fóra xuices que dictan sentenzas inxustas ou se venden. As medallas para quen realmente as mereza.

Tiran familias á rúa, e eles en casa gratis, coches e soldos bos, e logo todo o que poden pillar por baixo. É vergonzoso ver como estamos vivindo neste país.

Políticos, collan o sacho e gañen o salario mínimo. Seguro que non se apuraban tanto para entrar na roda de privilexiados. Os que non temos estudios tamén pensamos, non somos tan tontos como lles parece. Non manden propaganda electoral, xa estamos fartos de tantas mentiras. E pola nosa parte sexamos responsables á hora de votar