Nove alumnos galegos lograron medallas nas SpainSkills 2019, o campionato nacional de Formación Profesional (FP) no que Galicia participou en 26 categorías. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o "recoñecemento" do seu Goberno aos estudantes galardoados, que "acreditan o nivel alto" desta etapa formativa na comunidade autónoma. Por este motivo, o mandatario galego recibiu onte aos nove premiados no seu despacho de Monte Pío, en Santiago, onde quixo lanzar unha mensaxe para reivindicar a importancia da FP na educación pública.