Ninguén sabe porqué pero sempre saía na fin de semana. Transitando as rúas de Moaña a paso lento. Pegado o seu cabalo. Nunca enriba. Aproveitando as caravanas de coches que viñan de Cangas para chequear. Paraba ós vehículos e pedía información relevante. Bastante impactante se viñas de Ourense a Nerga. Parecía falar polo walkie talkie cos seus superiores mentres efectuaba o control. Outras veces paraba ós rapaces rumbo á discoteca. O domingo era imperdoable. E o sábado tamén. Moito rían os rapazolos. Aquel axente secreto e o cabalo branco-gris resultaban impresionantes na ruta 550. As discusións a pe de rúa podían non ter fin. Él era impasible. E o cabalo tamén. Semellaba unha mezcla de John Wayne, Colombo e Mata Hari. Non era doado ver equinos no cruce das discotecas. E menos acompañados de espías con walkie talkies. Moito máis poderosos cós móviles.