O presidente do Banco Central Europeo (BCE) anunciou unha importante rebaixa das súas previsións de crecemento para a eurozona en 2019 e 2020, situándoo no 1,1% e o 1,6%, respectivamente. O BCE recorta así seis décimas a súa proxección de crecemento do PIB da zona euro para este ano, fronte ao 1,7% anticipado en decembro. Ao mesmo tempo, rebaixa unha décima o seu prognóstico para 2020 e sitúa a progresión da economía no 1,6%. Para 2021, o Consello de Goberno da citada entidade na súa reunión mantivo a súa previsión no 1,5%.

As frías estatísticas fan prever unha difícil situación, e o que é aínda máis grave, é que estamos a nos achegar a situacións que nin os economistas nin os expertos son capaces de predicir.

En España estamos en período electoral e os políticos están a se pelexar por ver quen é o que vai gañar as próximas eleccións, a quen favorece as enquisas e? paren de contar. Eles seguen encerellados na súa guerra cando, precisamente agora, deberían ofrecer solucións para paliar a alta proporción de cidadáns que permanecen "en risco de pobreza ou exclusión social", a pesar da época de bonanza. O meu conto "O tempo escápasenos" anúnciame que asistimos a decisións que recortaron dereitos conseguidos no transcurso de moitos anos. ¿Porque estamos tan calados?

Non cejemos no noso empeño de loitar (un bo exemplo foi o 8 M) por recuperar o que nos recortaron: "a última década foi testemuña de cómo o concepto "mileurista" pasou de ser despectivo a converterse nunha aspiración". Temos que loitar para vivir con dignidade, avanzar cara a un futuro mellor e, con ousadía, esixirlle aos políticos que tomen medidas consensuadas para paliar os perigos que, segundo a Comisión Europa, entrañan o elevado desemprego, o "uso xeneralizado de contratos temporais" e a alta proporción de cidadáns que permanecen "en risco de pobreza ou exclusión social" e que afectan a nosa cohesión social.

"¿En qué momento te das por vencido y decides que ya es suficiente? En realidad sólo hay una respuesta: nunca". Tabitha Suzuma