Hai dúas semanas, no Porto de Sanxenxo, apareceu un tiburón peregrino que trouxeran uns mariñeiros a este sitio. O sábado pola mañá apareceron uns científicos do CENMA para facerlle unha autopsia. O cheiro era insoportable, todo o chan estaba cheo de sangue. E os nenos que alí se atopaban tiveron que observar unha escena do nivel Hannibal Lecter, que xa é dicir. Eu non poño en dúbida a profesionalidade destes traballadores e, dende logo, estaban a facer a súa labor. O realmente sorprendente, motivo polo cal atópome aquí escribindo isto, foi o que ocorreu despois da disección. Tendo contedores adaptados para residuos orgánicos nos que os restaurantes, coa mellor fe, botan o lixo orgánico no lugar onde debe ser botado, vexo, con moito asombro, que os restos deste tiburón foron para un contedor verde que, por desgraza, tiña un buraco e que en dúas horas encheuse de moscas. Como aqueles que se fan chamar "preservadores do medio natural" poden facer tal cousa sen respectar, en primeiro lugar, o medio ambiente e, en segundo lugar, xente que recicla de verdade. Hai que predicar co exemplo, non si?