Por que non invadimos Marrocos? Total está ai ó lado, ademais é unha dictadura brutal onde hai moita pobreza, non hai medicamentos nin Seguridade Social e nin de cerca se respectan os dereitos humanos. Eleccións creo que non houbo nunca e as últimas manifestacións lexítimas na rúa remataron con 20 anos de cárcere para os seus dirixentes.Alí poderíamos buscar alguén que se autoproclame presidente e recoñecelo, un calquera, inda que a poder ser que estudiara en Madrid. Obrigaremos a que se convoquen eleccións democráticas inmediatamente xa que a situación e insoportable e os supermercados están valeiros, por non haber non hai nin supermercados.

Inda temos na memoria a foto das Azores e a invasión de Irak co conto das armas de destrución masiva e xa andamos outra vez coa mesma historia. E digo outra vez porque tanto desta, como daquela, somos meras comparsas de Estados Unidos.O que desta vez sorprende e indigna é a postura da UE reconocendo a unha persoa que se autoproclama presidente como si de unha república bananera se tratase. Tanto falar dos dereitos humans, que si o tribunal de la Haya que si o himno da alegría e agora agachamos a cabeza diante do Trump ese ás primeiras de cambio. Que mágoa de Europa, o que chegou. E que dicir do goberno español, dicir comparsas e quedarse corto.

Todo esto non quere decir que eu simpatice co goberno de Maduro nin moito menos.Penso que dilapidou a boa herencia económica de Hugo Chavez, o cal conseguira sacar as clases máis pobres da miseria mellorando notablemente a situación económica do país. Sobre todo, se a comparamos coa situación de pobreza crónica que sufren países do entorno de Venezuela e que non nos preocupan casi nada.

Boto de menos máis concentracións de protesta, semella que "non é o momento"ou "hai eleccións". E cando será o momento?; cando haxa unha invasión ou un golpe de Estado? Logo virán as presas, as manifestacións que de seguro xuntarán a milleiros de persoas na rúa pero xa non servirán de nada, a maquinaria da guerra estará en marcha e será moi dificil de deter.