Gran carreira pedestre no Calvario. Organización excelente. Moita empatía cos participantes. Un número axeitado de colaboradores no evento. O mercado do Calvario ben convertido en local loxístico para os corredores. Voluntarios suficentes para controlar o percorrido e o tráfico. Espectacular ambiente na zona peonil de saida e chegada. Carreira amenizada con charanga. Moi bo presentador, conductor da proba. Noraboa á asociación veciñal do Calvario por este bo traballo. De trazado divertido con moitas rectas chas e algúns cambios de nivel. Polo longo dos tramos, en ningún momento te sintes agobiado por demasiados corredores.

Ten moito mérito para unha asociación xuntar a máis de 800 corredores. Dúas opcións de competición para todos os públicos. Máis traballo, supoño. Sen dúbida unha proba a ter en conta no circuito galego de carreiras pedestres. Se podo, repetirei. Noraboa Calvario