A pesar dos esforzos levados a cabo polo goberno do Concello de Salvaterra, con múltiples slogans, entre os que podemos destacar "Un xardín sobre o Miño" ou "A vila con máis espazos verdes de Galicia" e que enchen os paneis publicitarios nas nosas rúas, para promocionar dese xeito o noso compromiso co medio agóchase unha realidade totalmente diferente. Unha política municipal que está levando a cabo unha deforestación masiva de diferentes árbores na beira do río Miño, nun espazo declarado Rede Natura 2000. Motivada, por paradóxico que poda parecer, pola construcción dun paseo e un mirador, para ollar ao noso medio deforestado. Non era necesario, non dese xeito.

Obsesión teñen tamén con todo o recinto amurallado onde levan anos facendo un traballo continuo de desnaturalización, arricando recentemente un olivo centenario que podía ter sido trasplantado a outro lugar e nen iso fixeron.

No contexto actual onde as actuacións ligadas ao turismo van da man do respeto polo noso medio, aquí imos ao revés.